Bases do Concurso

 

Como cada ano Amegrove S. Coop. Galega estará presente na Festa do Marisco. A cooperativa será a organizadora da Xornada do Mexillón e o Concurso de Pratos de Mexillón, nel poderase degustar este molusco preparado de varios xeitos:

  • Mexillón ó vapor.
  • Mexillón á vinagreta.
  • Mexillón en Salsa.
  • Mexillóns Tigres.
  • Empanada de Mexillón.
  • Croquetas de Mexxillón e Marisco.

 

BASES DO CONCURSO 2016

 

  1. As persoas que desexen participar no Concurso de Pratos de Mexillón, deberán presentar os pratos preparados e a folla de inscripción, o Sábado 15 de Outubro, na carpa institucional da Festa do Marisco, poderase presentar un prato por participante.
  2. O prato poderá ser presentado nun recipiente de libre elección, deberá chegar ao recinto previamente preparado, a base principal debe ser Mexillón ( Mytilus Galloprovincialis).
  3. Os concusantes deberán aportar, xunto co prato e a folla de inscripción, un sobre en branco que conteña no seu interior o nome da persoa que concursa, así coma a receita explicativa da condimentación, detallando cantidades e racións. A participación no concurso conleva a cesión dos dereitos da receita a Amegrove S. Coop. Galega e autorízalle a incorporación do nome da persoa que se presenta como participante, e a inclusión deste dato nun ficheiro autorizado propiedade de Amegrove S.C.G.
  4. Ás 19:00 horas o xurado que estará composto por 4 expertos gastronómicos comezará coa puntuación. Unha vez retirado o xurado a deliberar (20:00h) os propietarios dos pratos presentados pasarán a facerse cargo deles, de non ser así a organización non se responsabiliza da sua perdida. A partires das 22:00h publicarase nas Redes Sociais e na Páxina Web os gañadores do concurso.
  5. A entrega de premios será  o Domingo 16 de Outubro as 12:00 horas na Carpa Institucional.
  6. Os premios a entregar serán os seguintes (Descontaránselle as retencións da Axencia Tributaria):

 

Premios aos mellores pratos de mexillóns:

  1.  1300€ + Diploma Acreditativo.
  2.  800€ + Diploma Acreditativo.
  3.  500€ + Diploma Acreditativo.

 

Toda aquela persoa que necesite suminístrarse de mexillón para a confección dos pratos a expoñer no concurso, poderá retiralo no Stand de Amegrove, ou ben na depuradora que esta situada en Porto Meloxo, Nº 138. Para calquera consulta poden chamar ao teléfono 986 731 050 ou mandar un e-mail a amegrove@amegrove.es.